Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Brigada de Medio Ambiente procede á...

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente procede á limpeza das marxes do río Anllóns

Mércores 16 de maio do 2007

Ademais, os operarios da Brigada de Medio Ambiente veñen de acondicionar varias escolas unitarias do Concello que serán utilizadas como colexios electorais o vindeiro día 27 de maio. Son, en concreto, as do Tarambollo (Sofán), Imende (Noicela), Outón (Rus), Piñeiro da Baixa (Entrecruces), Nétoma (Razo), A Brea (Carballo) e Gontade (Ardaña).

Asfaltado na rotonda

Durante a xornada de onte, ademais, procedeuse ao asfaltado da rotonda ubicada na rúa do Sol. Os traballos, até agora, consistiron na instalación de tuberías, movemento de terras e a preparación das beirarrúas e bordillos. Nas vindeiras semanas está previsto realizar a sinalización horizontal e vertical, colocación do alumeado e mobiliario urbano, acondicionamento da zona axardinada interior e a instalación do pedestal para a escultura que se colocará no centro da glorieta. Ademais, vaise a proceder a botar unha capa de rego asfáltico na rúa Santa Cecilia, debido ao estado actual que presenta por mor das obras desta rotonda.

Compartir: