Inicio Carballo ao día Hemeroteca Pintura, música e literatura,...

CULTURA

Pintura, música e literatura, protagonistas dos actos a desenvolver o día das Letras Galegas

Mércores 16 de maio do 2007

Ademais, pola tarde procederase á entrega de galardóns do III Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores, ás 19,00 horas no Xardín Municipal. Os galardoados deste ano foron Miguel Mosquera e Séchu Sende. Como fin da xornada, haberá un concerto da Banda Municipal de Carballo no Pazo da Cultura, a partir das 20,00 horas, e unha exposición de fotografías, baixo o nome de Recordos de Carballo, no Casino a partir tamén das 20,00 horas. O programa das Letras desenvolverase durante todo o mes con outro tipo de actuacións como un concerto poético coa participación de Lino Braxe, o día 18 no Pazo da Cultura, os encontros culturais Arume o día 20, un concerto de música gospel o día 26 no Pazo da Cultura, ou a presentación do libro Home sen nome, de Suso de Toro.

Compartir: