Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Programa das Letras continúa logo da...

CULTURA

O Programa das Letras continúa logo da celebración do 17 de maio

Venres 18 de maio do 2007

Ademais, esta fin de semana terán lugar os Encontros culturais Arume, a desenvolver no Local Social de Berdillo o vindeiro domingo, 20 de maio, a partir das 18,oo horas. Trátase dun festival de música e baile tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Arume e que conta coa colaboración do Concello de Carballo. O resto de actividades que se desenvolverán dentro do Programa das Letras son un concerto de gospel, o día 26 de maio, a presentación do libro de Suso de Toro Home sen nome, o 30 de maio, e o ciclo de Xoves Intérpretes, con tres concertos a cargo do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño.

Compartir: