NOVAS TECNOLOXÍAS
CarballoeSMáS permitirá coñecer os resultados electorais municipais a través do móbil
Martes 22 de maio do 2007
Todas as mensaxes enviadas e recibidas quedan almacenadas na web de control, dende a que se contestarán as mensaxes recibidas. O custo do mensaxe que envía o cidadán terá a tarifa que teña no contrato co seu operador de telefonía móbil (aproximadamente uns 0.13 euros). CarballoeSMáS permitirá, ademais, establecer un servicio bidireccional, onde a cidadanía e a administración estarán en contacto utilizando os mensaxes curtas, elemento de comunicación habitual no día a día da sociedade actual. A cidadanía poderá facer suxerencias, queixas e reclamacións nos aspectos máis cotiáns da súa vida e do seu entorno, ademais doutros como reserva de entradas, votacións na semana de teatro ou solicitar información administrativa sobre un expediente. Entre o acceso a información administrativa o Concello lanzará desde 0 4 de xuño os seguintes servizos, que pouco a pouco irá ampliando: comunicación da concesión/denegación de licenzas e comunicación das actividades culturais.