Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados dous novos expedientes de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados dous novos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

Luns 21 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local autorizou, na xuntanza celebrada hoxe, unha licenza para a construcción dun edificio de 19 vivendas na esquina das rúas Fábrica e Cuba, ademáis de dúas licenzas para o reformado doutras tantas vivendas unifamiliares no lugar de Arnados, en Razo. A orde do día completouse, entre outros puntos, coa aprobación do programa e da subvención para as Festas do San Xoan 2007 e os membros da Comisión de Festas, ademais da solicitude de inclusión na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude da Xunta de Galicia e a aprobación das subvencións ás asociacións culturais para a realización de actividades puntuais.

Compartir: