SERVIZOS SOCIAIS
O Concello informa sobre a lei de Promoción de Autonomía Persoal
Martes 22 de maio do 2007
A lei establece tres graos con dous niveis cada un: un primeiro grao de dependencia moderada, un segundo de dependencia severa e un terceiro de gran dependencia. Debido a que a lei estará en desenvolvemento até o ano 2015, neste ano 2007 só terán acceso as solicitudes valoradas de grao tres. De momento xa foi moita a xente a que pasou polos Servizos Sociais do Concello de Carballo, onde se está a informar sobre a lei e explicando o proceso para tramitar a solicitude. Desde os Servizos Sociais remítese aos interesados ao Centro Social da Praza de Vigo, onde a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia conta cun punto de información sobre a lei, e que serve de reforzo aos Servicios Sociais. Cando se faga a valoración da solicitude da persoa, esta pasará a un Plan Individualizado de Atención (PIA), que contará xa coa intervención de Atención Primaria para estudiar e coñecer o servizo máis conveniente para o usuario.