DEPORTE
Presentado o partido que enfrentará ás seleccións española e portuguesa de balonmán feminino en Carballo
Mércores 23 de maio do 2007
Na presentación do evento estiveron presentes Francisco García, xerente do Padroado Deportivo Municipal, José Antonio Rodríguez, directivo da AD Xiria, José Luis Pérez, presidente da Federación Galega de Balonmán, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. José Antonio Rodríguez manifestou no acto que "por parte do Xiria é un placer colaborar neste acto, que servirá de clausura da temporada para gusto das categorías de base". O presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez, engadiu que "é moi importante soster o balonmán feminino e estamos encantados de traer este partido a Carballo, onde tanto o Concello como Xiria deron todas as facilidades. O que pretendemos é achegar o balonmán a todos os lugares de Galicia". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pechou a presentación manifestando que "este é un caramelo que lle gustaría saborear a todo o mundo. Cando a Federación nos plantexou esta posibilidade non o dubidamos e temos que agradecer profundamente á Federación que nos concedera esta posibilidade. Moi poucas veces. na historia do deporte carballés, se nos presentou esta posibilidade". A última vez que un combinado nacional xogou en Carballo foi no ano 1984, cun enforntamento entre as selección de España e Holanda de baloncesto feminino.