Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello xestiona a ampliación da...

URBANISMO

O Concello xestiona a ampliación da rúa Carballo Calero

Xoves 24 de maio do 2007

A necesidade de facer a prolongación da rúa responde a unha mellora da ordenación do tráfico rodado e do acceso ao pavillón polideportivo e á piscina municipal existentes ao carón das instalacións do colexio Bergantiños. Trátase, ademais, dunha zona cunha grande afluencia de vehículos e persoas que se xera tanto con motivo das actividades escolares do colexio, das actividades deportivas e polas vivendas existentes nesa rúa.

Compartir: