NOVAS TECNOLOXÍAS
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información pon en marcha un novo obradoiro
Mércores 30 de maio do 2007
As sesións levaranse a cabo en horario de mañán na Aula de Informática Municipal, nas Antigas Escolas do Xardín, pretendendo ademais a incorporación da muller ás novas tecnoloxías e axudar a dar un paso máis cara a igualdade. Coa celebración destes obradoiros, o Concello de Carballo segue a dar pasos na implicación ás novas tecnoloxías, como xa fixo cos proxectos Administratel, CarballoPortaAberta, CarballoeSMáS ou a incorporación a Cidades Dixitais.