SERVIZOS SOCIAIS
O IMSERSO convoca o programa de vacacións para maiores
Xoves 31 de maio do 2007
O programa inclúe varias modalidades, como estancias en zonas costeiras para descanso e relax, viaxes culturais para adentrarse na historia e arte da xeografía nacional, turismo de natureza con roteiros por paraxes pintorescas ou intercambio con outros países. Se o interesado é residente en España e quere acollerse a este programa de vacacións deberá reunir un dos seguintes requisitos: ser maior de 65 anos, ser pensionista de xubilación do Sistema Público de pensións, ser pensionista de viudez con idade igual ou superior aos 55 anos, pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos estes casos 60 anos cumpridos. Os servizos que se ofrecen son a viaxe de ida e volta no medio de transporte programado, aloxamento en réxime de pensión completa, póliza colectiva de seguros, servizo médico complementario da Seguridade Social no propio hotel e programa de animación. Para unha maior información, os interesados poden dirixirse ao número de teléfono 901 109 899, de atención e información ao usuario, ao número 900 333 666, Teléfono Social, e ás Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. No caso da cidadanía de Carballo, pode obter máis información nos Servicios Sociais do Concello.