SERVIZOS
O Concello coloca dispositivos de ximnasia e mantemento para maiores no paseo do Anllóns
Xoves 31 de maio do 2007
Os novos elementos permitirán que os maiores teñan áreas específicas destinadas ao seu uso, coa intención de que ofrezan, ademais dun novo lugar de esparcemento e ocio, unha ferramenta para fomentar o exercicio entre os seus usuarios e unha maneira de gozar de boa saúde. Esta actuación entróncase no proxecto do río até a ponte de Bértoa, onde rematará coa actuación que xa se está a desenvolver na praza.