Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha a administración...

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello pon en marcha a administración dixital con Carballo PortaAberta e CarballoeSMáS

Luns 4 de xuño do 2007

A través de Carballo PortaAberta, a cidadanía pode consultar os seus recibos, expedientes e movimentos do rexistro de entrada e saída, presentar as solicitudes de subvencións, certificacións, queixas, de empradroamento, etc., obter documentos como volantes de empadroamento, duplicados de recibos, etc., ou pagar impostos online. Os cen primeiros que se den de alta no servizo, desde hoxe luns, 4 de xuño, recibirán un Pendrive de 1Gb e, entre todos aqueles que se den de alta no mes de xuño, sortearase unha PDA Phone HTC P3600 (ou modelo similar), para poder acceder ó Concello Online desde onde se queira (non inclúe a alta no servizo movil). O sorteo farase no mes de xullo e a cada usuario se lle asignará o seu número de solicitude. O persoal do Concello de Carballo non poderá participar nesta promoción. Esta páxina web xa dispón dun acceso directo a Carballo Porta Aberta, na marxe superior dereita.

CarballoeSMáS

No marco do proxecto Carballo PortaAberta, o Concello de Carballo pon en marcha tamén CarballoeSMáS, un novo servizo de comunicación bidireccional, onde a cidadanía e a administración estarán en contacto utilizando os mensaxes curtas, elemento de comunicación habitual no día a día da sociedade actual. A cidadanía poderá facer suxerencias, queixas e reclamacións nos aspectos máis cotiáns da sua vida e do seu entorno, ademáis doutros como reserva de entradas, votacións na semana de teatro ou solicitar información administrativa sobre un expediente. Entre o acceso a información administrativa o Concello lanza os seguintes servizos, que pouco a pouco irá ampliando: comunicación da concesión/denegación de licenzas e comunicación das actividades culturais. O Concello dispón do número 981090070, co que se poñerá en contacto coa cidadanía e viceversa. Todas as mensaxes enviadas e recibidas quedan almacenadas na web de control, dende a que se contestarán as mensaxes recibidas. O custo do mensaxe que envía o cidadán terá a tarifa que teña no contrato co seu operador de telefonía móbil (aproximadamente uns 0.13 euros).

Compartir: