Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo PortaAberta supera as cen altas o...

NOVAS TECNOLOXÍAS

Carballo PortaAberta supera as cen altas o día das súa posta en marcha

Martes 5 de xuño do 2007

Carballo PortaAberta enmárcase no anteproxecto de Lei sobre Administración Electrónica que se está a tramitar no Congreso dos Diputados e que garantirá á cidadanía o dereito a facer os trámites mediante os novos medios de comunicación. O Concello de Carballo adiántase unha vez máis e lánzase a iniciar a prestación de servizos telemáticos cumprindo gran parte dos obxectivos e requisitos do citado anteproxecto. A través de Carballo PortaAberta, a cidadanía pode consultar os seus recibos, expedientes e movimentos do rexistro de entrada e saída, presentar as solicitudes de subvencións, certificacións, queixas, de empradroamento, etc., obter documentos como volantes de empadroamento, duplicados de recibos, etc., ou pagar impostos online.
No marco do proxecto Carballo PortaAberta, o Concello de Carballo puxo en marcha tamén CarballoeSMáS, un novo servizo de comunicación bidireccional, onde a cidadanía e a administración estarán en contacto utilizando os mensaxes curtas, elemento de comunicación habitual no día a día da sociedade actual. A cidadanía poderá facer suxerencias, queixas e reclamacións nos aspectos máis cotiáns da sua vida e do seu entorno, ademáis doutros como reserva de entradas, votacións na semana de teatro ou solicitar información administrativa sobre un expediente. Entre o acceso a información administrativa o Concello lanza os seguintes servizos, que pouco a pouco irá ampliando: comunicación da concesión/denegación de licenzas e comunicación das actividades culturais. O Concello dispón do número 981090070, co que se poñerá en contacto coa cidadanía e viceversa. Todas as mensaxes enviadas e recibidas quedan almacenadas na web de control, dende a que se contestarán as mensaxes recibidas. O custo do mensaxe que envía o cidadán terá a tarifa que teña no contrato co seu operador de telefonía móbil (aproximadamente uns 0.13 euros).

Compartir: