Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concedidas tres pazas para a contratación...

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

Concedidas tres pazas para a contratación de traballadores desempregados

Luns 11 de xuño do 2007

O Concello de Carballo solicitara axudas para estas contratacións no mes de marzo e ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2007 da Consellería de Traballo, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2007, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais.

A maiores das prazas que xa foron adxudicadas, o Concello de Carballo ten solicitadas outras 26: un traballador máis para perfilería de aluminio na Casa dos Oficios e outro máis, no mesmo centro, para o cerramento exterior de naves; un para a organización dos expedientes de subvencións e convenios; un para a xestión do catálogo laboral; un para a xestión do inventario municipal; un para técnico de medio ambiente; tres para un programa lúdico para a infancia; un para un programa de difusión artística e plástica; un para aulas informáticas municipais; un para a Ludoteca; un para o servizo de atención ao público no Museo de Bergantiños; un para a creación da Fonoteca Municipal; un para o programa de animación á lectura; un de apoio administrativo á Oficina Técnica Municipal; cinco para a Brigada de Medio Ambiente e cinco para a supresión de barreiras arquitectónicas.

Os programas de cooperación da Consellería de Traballo teñen como obxectivo dar un enfoque global ás liñas de fomento do emprego público ou institucional desde unha dobre perspectiva: a de dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural e a de servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen neles.

Compartir: