Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicada a ampliación do paseo do...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicada a ampliación do paseo do Anllóns e a apertura de camiños en Baldaio

Luns 11 de xuño do 2007

A maiores, no transcurso da mesma xuntanza revolveuse tamén a contratación dunha consultoría para os traballos de avaliación medioambiental da revisión técnica do PXOM de Carballo, por un importe de 54.000 euros, e aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a adxudicación do contrato de organización, vixilancia e limpeza do espazo público onde se desenvolve o mercado ambulante da feira da Milagrosa.

En canto ás decisións de carácter urbanístico a Xunta de Goberno Local aprobou, inicialmente, o proxecto de urbanización da denominada horta do Casino, que afecta a unha superficie de 5.368 metros cadrados, e, de xeito definitivo, o de urbanización do polígono 19 (máis coñecido como o da Pintura e situado fronte ao IES Parga Pondal). Así mesmo, tamén se ratificou un acordo asinado anteriormente para a apertura e proxección da rúa Carballo Calero (fronte ao polideportivo do CEIP Bergantiños).

Na orde do día quedou incluída tamén a autorización de colocación de oito novos vados permanentes, o que continúa demostrando a eficacia da campaña de inspección e regularización de vados posta en marcha polo concello hai algo máis de dous anos, e tamén se acordou solicitarlle á Deputación Provincial da Coruña unha subvención para a limpeza de praias por importe de 33.600 euros.

Acordo con Cultura para financiar o FIOT
Por último, a Xunta de Goberno Local tamén deu conta dun convenio de cooperación cultural asinado entre a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo para a realización de actividades culturais no Festival Internacional de Outono de Teatro. Con este acordo a devandita consellería compromete de novo unha partida económica, neste caso de 18.000 euros, para o financiamento dun festival co que xa colaborou anteriormente e que este outono alcanzará á súa XVI edición.

Compartir: