Inicio Carballo ao día Hemeroteca O comercio exterior a debate no Salón de...

PANEIS EMPRESARIAIS

O comercio exterior a debate no Salón de Plenos do Concello

Mércores 13 de xuño do 2007

O obxectivo deste novo Panel Empresarial era analizar a situación actual da exportación atendendo a diferentes aspectos, entre eles a motivación á hora de saír a mercados exteriores, as características do acceso ou do financiamento neses mercados, os hándicaps e as prácticas de éxito das empresas exportadoras da zona, os apoios prestados a nivel institucional... A maiores, nesta mesa redonda intentouse tamén asentar liñas de actuación futura, de xeito que tanto institucións como empresas traballen de xeito coordinado e sempre optando por ferramentas que sexan o máis efectivas posible.

O Observatorio Económico Local de Carballo da Antena Local de Carballo (que pertencente á Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña) pretende, a través de actividades coma esta, detectar e analizar as necesidades e inquedanzas das pequenas e medianas empresas, axeitando deste xeito os seus servizos ás peculiaridades da zona.

Dentro das súas actividades organízanse os denominados Paneis Empresariais, que son mesas de traballo nas que se intenta contar coa maior representatividade posible dentro dos distintos axentes institucionais e privados da zona.

Compartir: