LABORES DE MANTEMENTO
Comeza no casco urbano unha nova campaña de limpeza viaria
Xoves 14 de xuño do 2007
Estes labores, que ocuparán á brigada de obras do concello nos vindeiros dous ou tres meses, comezaron esta semana no casco urbano e, unha vez rematados, estenderanse ao resto do territorio carballés.
O concelleiro de Servizos, Mantemento e Turismo, Lois Lamas, destaca o triplo beneficio que cumprirán destes traballos, pois servirán, ao mesmo tempo, para aumentar a seguridade cidadá no que atinxe á prevención de incendios, para beneficiar o paso da auga polas canles das cunetas e mesmo para mellorar a imaxe visual das vías de comunicación.