Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concedida a subvención que...

UNHA AXUDA DE 300.000 EUROS

Concedida a subvención que permitirá o traslado de Servizos Sociais ao antigo ambulatorio

Venres 15 de xuño do 2007

A subvención concedida pola devandita consellería (ao abeiro dunha orde pola que esta anunciou axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de obras de construción, adaptación, mellora e equipamentos das sedes das entidades locais de Galicia) vai ter un importe total de 300.000 euros que se distribuirán en catro anualidades: 20.000 euros no 2007, 40.000 no 2008, 50.000 no 2009 e 190.000 no 2010. Esta cantidade vaise investir na reforma e acondicionamento do antigo ambulatorio, un edificio ocupado nos últimos tempos por Protección Civil pero infrautilizado tendo en conta as súas dimensións. O obxectivo é trasladar alí o departamento de Servizos Sociais.

Con esta medida, o goberno local dá un paso máis na súa intención de descentralizar os servizos administrativos procurándolle implantacións alternativas á da Casa do Concello a determinados departamentos. O executivo carballés pretende, deste xeito, crear novos focos de atracción dentro do casco urbano, algo que xa conseguiu ao longo da última lexislatura situando o de Cultura na zona do antigo matadoiro ou revitalizando o barrio da Milagrosa coa implantación nel da Casa dos Oficios.

Compartir: