Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Brigada de Medio Ambiente procede ao desbroce...

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente procede ao desbroce das pistas asfaltadas

Mércores 20 de xuño do 2007

Cada tractor realizará un percorrido de 50 quilómetros, comezando desde o casco urbano para rematar nas catro esquinas do concello. O servizo de limpeza viaria ASPABER-UTE tamén colabora na limpeza das cunetas coa retirada de plásticos e lixo unha vez se realiza o desbroce.

Anllóns

Operarios da Brigada de Medio Ambiente traballan, igualmente, na limpeza das marxes do Anllóns, co fin de acondicionar o entorno para a celebración das festas do San Xoán. O Anllóns acolle o tradicional descenso do río e a zona do bosque, ademais, é unha cita obrigada para a festa que se realiza o último día das celebracións.

Compartir: