MEDIO AMBIENTE
O Concello colocará novos colectores para facilitar a reciclaxe de vidro aos establecementos hostaleiros
Mércores 20 de xuño do 2007
Os hostaleiros adscritos á iniciativa terán as chaves do colector para proceder ao seu correcto uso. O Concello de Carballo conta con trinta cubos para acoplar aos novos colectores e son xa catorce os establecementos de hostalaría que se adscribiron a este servizo. O resto dos usuarios particulares utilizarán o colector como se ven facendo actualmente. É importante non misturar plásticos nin outros obxectos co vidro, xa que esta circunstancia dificultaría o seu baleirado.