Inicio Carballo ao día Hemeroteca As bombas de palenque anunciaron o inicio das...

CULTURA

As bombas de palenque anunciaron o inicio das Festas de San Xoán

Xoves 21 de xuño do 2007

A festa prolongarase durante toda a fin de semana e seguirá até o 1 de xullo, data prevista para a celebración da tradicional Festa do Bosque. Este venres terán lugar as primeiras actuacións musicais, coas dúas primeiras verbenas a partir das 22,30 horas na praza do Concello e cun concerto de rock&roll no paseo de Rego da Balsa. O sábado repetirase en ambos escenarios con outras orquestras e grupos, ademais de levar a cabo, a partir das 19,00 horas, o Concurso de Cachelas. Para o domingo quedará o Gran Prix de Carrilanas e para o luns o Descenso do Anllóns. O domingo tamén haberá orquestras na praza do Concello e o luns será La Mala Rodríguez quen actuará a partir das 23,30 no mesmo lugar. Durante a vindeira semana seguirán a celebrarse numerosas actividades para completar un extenso programa que finalizará no Bosque coa súa tradicional festa.

Compartir: