Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello establece un dispositivo especial de...

SAN XOÁN

O Concello establece un dispositivo especial de seguridade e tráfico para as Festas do San Xoán

Venres 22 de xuño do 2007

En canto á seguridade, durante todos os días de festa haberá un reforzo de efectivos da Policía Local nas rúas. Protección Civil, en colaboración coa Agrupación de Voluntarios, que aportará 48 efectivos, e o Grupo Municipal de Intervención Rápida, que fará o propio con 15, tamén colaborará na organización e normal desenvolvemento das festas.

Rúas pechadas

Durante a celebración das distintas actuacións incluídas no programa do San Xoán procederase ao corte ao tráfico das rúas Pontevedra, Estrela, Ourense, Concepción Arenal, Valle Inclán (desde o cruce coa Rúa Rosalía de Castro até a rúa Colón), Desiderio Varela, Colón, Coruña, Igrexa, San Ramón, San Antonio, San Xoán Bautista e San Paio. Coincidindo co Gran Prix de Carrilanasprocederase ao peche das rúas Avenida de Bergantiños (desde o cruce con Vila de Corcubión), Doutor Fleming (até a rúa Gran Vía), o tramo da Gran Vía até a rúa Rosalía de Castro, toda esta última vía e parte das rúas Valle Inclán e Colón. A procesión do día 24 provocará o peche das rúas Martín Herrera, Coruña, Desiderio Varela, Camiño Novo e Praza de Galicia. A procesión do día 25 provocará o peche das rúas Martín Herrera, Coruña, Desiderio Varela, parte da Gran Vía, Cervantes, Valle Inclán, parte de Vázquez de Parga, Camiño Novo e Praza de Galicia. O Concello de Carballo confía na colaboración cidadán para poder desenvolver no mellor escenario posible as festas do San Xoán, agradecendo xa por anticipado esa colaboración.

Compartir: