SAN XOÁN
La Mala Rodríguez presentará o luns en Carballo o seu novo disco
Venres 22 de xuño do 2007
O programa contempla, para o sábado 23, a final do XVI Trofeo Concello de Carballo de Fútbol de Peñas, no campo de As Eiroas, ademais do Concurso de Cachelas e unha exhibición de taekwondo no parque do Anllóns, ambas actividades a partir das 19,00 horas. Pola noite, a partir das 22,30 horas, actuarán na praza do Concello as orquestras Pontevedra e Tequila e, xa ás 00,30 horas haberá outros concertos de rock, pop e tecno no Paseo de Rego da Balsa, coa actuación de Loretta Martin, The Blows e un grupo invitado.
O domingo 24 a xornada comezará cun pasarrúas, ás 10,30 horas, a cargo dos grupos de gaiteiros de Cances e Falsa Escuadra polos barrios de Carballo. Ás 11,30 horas será o turno da Banda de Música Cultural de Teo e ás 12,00 horas da Banda Municipal de Carballo. Ás 12,30 horas terá lugar a misa solemne en honra a San Xoán, cantada pola Coral de Bergantiños e, a continuación, terá lugar a procesión acompañada polas bandas municipais de Teo e Carballo. Esta última ofrecerá un concerto ás 14,00 horas na rúa Coruña. Charanga.es ofrecerá un novo pasarrúas ás 18,30 horas antes de que, media hora máis tarde, se celebre o Gran Prix de Carrilanas entre a Avda. Bergantiños e a rúa Valle Inclán. A xornada pecharase cunha verbena na praza do Concello, a partir das 23,00 horas, a cargo das orquestras Sintonía de Vigo e Philadelphia.
A xornada do luns 25 comezará con varios pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas San Cristovo e a Banda de Música Santiago de Arteixo, antes de celebrar a misa solemne en honra ao Santísimo Sacramento, cantada pola Coral de Bergantiños, a partir das 12,30 horas. A continuación terá lugar a procesión acompañada pola Banda de Música Santiago de Arteixo e ás 14,00 horas haberá outro concerto na rúa Coruña a cargo da Banda Municipal de Música de Melide. Pola tarde celebrarase o VIII Descenso do Anllóns, a partir das 18,00 horas, e ás 19,30 haberá unha degustación de chourizos ao viño no Paque do Anllóns. Pola noite, ademais do concerto de La Mala Rodríguez, haberá verbena a partir das 22,00 horas coa orquestra da TVG na praza do Concello.