Inicio Carballo ao día Hemeroteca Amplíase o prazo para participar do ‘II...

TERCEIRA IDADE

Amplíase o prazo para participar do ‘II Encotro para os nosos Maiores’ no Carballiño

Martes 26 de xuño do 2007

As inscricións pódense facer nos Servizos Sociais do Concello de Carballo ou no Pazo da Cultura. Tamén hai follas de inscrición nas dependencias da Policía Local. O programa do II Encontro para os nosos Maiores inclúe actuacións de bandas locais, baile, actividades interactivas de paseo e visita para coñecer a paisaxe e monumentos, obradoiros para posta en valor das tradicións, oficios e costumes do patrimonio da nosa terra. Para máis información, os interesados poden chamar aos números de teléfono 981 703 256 ou 981 704 300. Pódese levar comida e tamén haberá postos de venda.

Compartir: