ECONOMÍA
A concellaría de Promoción Económica iniciará unha rolda de contactos cos principais sectores empresariais do concello
Mércores 27 de xuño do 2007
A intención da concellaría de Promoción Económica é a de iniciar a rolda de contactos coa asociación que forman os pubs de Carballo. A xuntanza podería celebrarse durante esta semana e na mesma, ademais de coñecer a situación actual deste sector, a concellería de Promoción Económica achegará as novidades en torno ao servizo do Noitebús.