Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mercasa presentou os bocetos do futuro edificio...

COMERCIO

Mercasa presentou os bocetos do futuro edificio comercial de Carballo

Mércores 27 de xuño do 2007

A proposta inicial presentada no Concello establece unha praza de dúas alturas e que os postos do mercado se reunifiquen nunha única pranta con acceso directo ao exterior. O sótano estaría adicado a usos do propio mercado, o que podería reducir o número de prazas do aparcamento soterrado até as 400. O custo total do proxecto rondaría os 10 millóns de euros e, pese a non falar de prazos, é posible que de seguir adiante a proposta o anteproxecto podera estar redactado antes do final de 2007. Os técnicos regresarán o vindeiro mes de xullo a Carballo co obxecto de seguir avanzando no futuro edificio comercial.

Compartir: