Inicio Carballo ao día Hemeroteca A tradicional Festa do Bosque despedirá o...

SAN XOÁN 2007

A tradicional Festa do Bosque despedirá o San Xoán o vindeiro domingo

Venres 29 de xuño do 2007

O programa inclúe, para a tarde, o tradicional concurso de postres, un espectáculo de animación para nenos e nenas a cargo do grupo Fantasía Animación, a actuación do Grupo de Gaitas Fol de Veneno, a 121ª edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel, e as actuacións de Touriñán (Os Dous de Sempre), e os grupos Noelio Band e Dúo Época. Xa pola noite, a partir das 23,30 horas, haberá unha sesión de Dj’s.

Dispositivo

A concellaría de Policía e Protección Civil, xunto coa Comisión de Festas, colaborará no desenvolvemento da Festa do Bosque durante toda a xornada. Protección Civil achegará á zona sete voluntarios e tres efectivos do Grupo Municipal de Intervención Rápida. Ademais, haberá un reforzo no servizo da Policía Local para colaborar no desenvolvemento da actividade lúdico festivo que acollerá o Bosque do Añón. O Concello tamén quere pedir a colaboración dos participantes da Festa do Bosque para que fagan uso dos colectores ubicados na zona co obxectivo de manter a paraxe en perfectas condicións.

Compartir: