Inicio Carballo ao día Hemeroteca As obras do polígono industrial de...

INDUSTRIA

As obras do polígono industrial de Bértoa adxudicaranse a mediados do mes de xullo

Venres 29 de xuño do 2007

A apertura das plicas das ofertas terá lugar o vindeiro día 6 de xullo para que Xestur poda comezar a estudar as máis vantaxosas. O prazo de execución das obras será un dos baremos importantes a ter en conta por parte de Xestur, debido á intención de acelerar o proceso. Logo da adxudicación, o seguinte paso será fixar unha data para a sinatura do contrato e realización da acta de replanteo. A Consellería de Vivenda e Solo xa manifestou no seu día a intención de comezar os traballos antes do comezo do mes de outubro.

Compartir: