Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Festa do Bosque despediu as festas do San...

SAN XOÁN 2007

A Festa do Bosque despediu as festas do San Xoán 2007

Luns 2 de xullo do 2007

A festa estivo animada en todo momento coas actuacións do Dúo Época, o Grupo de Gaitas Fol de Veneno, Noelio Band, Fantasía Animación ou o monologuista Touriñán. Ademais, celebráronse os tradicionais concursos de postres e a 121ª edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel, cun grande éxito de participación.

Dispositivo

A concellaría de Policía e Protección Civil, xunto coa Comisión de Festas, colaborou no desenvolvemento da Festa do Bosque durante toda a xornada. Protección Civil achegou á zona sete voluntarios e tres efectivos do Grupo Municipal de Intervención Rápida, mentres que varios efectivos da Policía Local tamén axudaron ao bo desenvolvemento da festa. A colaboración de Protección Civil e Policía Local permitiu que o acceso e saída ao Bosque do Añón se fixera sen ningún tipo de problema.

Limpeza

Operarios da Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo comezaron pola mañá os traballos de limpeza do Bosque do Añón, para deixalo nas mellores condicións logo da celebración da festa. O bosque presentaba un extraordinario aspecto para a celebración da romaría, do que puideron disfrutar en plenitude todos os que alí se achegaron.

Compartir: