Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina tres contratos para a...

OBRAS

O Concello asina tres contratos para a realización doutras tantas actuacións no municipio

Luns 2 de xullo do 2007

A Ampliación do paseo fluvial no parque do Anllóns e polígonos 45 e 46 conta cun importe de 191.400 euros e un prazo de duración do contrato de seis meses, contados a partir do día seguinte á comprobación da acta de replanteo. A actuación enmárcase dentro da intención do grupo de goberno de revalorizar a zona do río e permitir o seu disfrute a toda a veciñanza. O Acondicionamento da praza de Ramil, en Sísamo conta cun importe de 97.625 euros e un prazo de duración do contrato de oito semanas. Esta actuación únese a outras levadas a cabo polo goberno local en prazas como as de Outón e Bértoa, co fin de dotar ás parroquias e núcleos de poboación de equipamento urbano. A Apertura de camiños en Baldaio, pola súa parte, conta cun importe de 50.344 euros e un prazo de duración do contrato de 60 días.

Compartir: