Inicio Carballo ao día Hemeroteca Música, maxia, danza e teatro,...

CULTURA

Música, maxia, danza e teatro, protagonistas do ‘Verán Cultural’

Venres 6 de xullo do 2007

No tocante ao apartado musical, a oferta do Concello de Carballo inclúe folk galego, cun concerto de Mercedes Peón, música internacional, coas actuacións de Los Amados, Lorena Lores e Nancy Vieira, pop rock, coa celebración da 2ª edición festival Sereas e Piratas na praia de Razo, música tradicional, coa celebración do Festival de Música e Baile Tradicional, o dúo As Driadas, destinado a un público xuvenil, e a Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao. O mago Marttyn ofrecerá un espectáculo de maxia dirixido ao público infantil, mentres que o mago portugués Luis de Matos, considerado un dos mellores do mundo, volverá a Carballo para presentar na Praza do Concello o seu novo espectáculo Enigma. A programación do Verán Cultural do Concello de Carballo reforzarase cada dúas semanas cunha actuación destinada al público infantil, como a Contacontos Ana Pinta Contos ou a compañía de títeres Viravolta. En relación ás actuacións teatrais, o Pazo da Cultura acollerá a representación de Las huellas de la Barraca, a cargo da Aula de Teatro de la Universidad de Jaén, mentres que Pistacatro productora de soños ofrecerá un espectáculo de teatro na rúa na Praza do Concello. O programa inclúe, ademais, as exposicións do VII Premio de creación fotográfica Luis Ksado e o I Premio de arte gráfico Xesús Núñez. Ambas poderán contemplarse no Pazo da Cultura. Ademais, a programación do [ì]Verán Cultural complétase co ciclo Noites de Cine, con 28 proxeccións que se trasladarán ás diferentes parroquias do concello. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, manifestou na presentación que "se trata dun programa diverso e de calidade para satisfacer as expectativas dos carballeses e carballesas e de todos os visitantes que teremos durante o verán. Está concebido para concentrar a todas as idades e ofrécese como unha posibilidade máis de disfrutar do tempo de lecer. Ademais, servirá para dar a coñecer o traballo das principais agrupacións de música tradicional de Carballo, sendo a Praza do Concello o punto de referencia para a maioría dos espectáculos".

Compartir: