LECER
Carballo acollerá desde o xoves a I Xira de Karting Indoor de Galicia
Luns 9 de xullo do 2007
O Parque do San Martiño contará con dúas pistas, unha destinada a os máis novos (de 6 a 10 anos) e outra para idades superiores aos 10 anos. O venres, ademais, celebrarase unha gala a partir das 21,30 horas, que contará cunha exhibición dde pilotaxe a caro de Pablo Garrido. Raquel González, da organización do evento, suliñou na presentación que "a iniciativa xorde do afán de innovar e introducir o mundo do motor en Galicia, onde hai moita afición. Esperamos repetir en Carballo o éxito que tivemos en Vilagarcía, Lugo e A Coruña". Manuel Canedo, de Motor Canedo, manifestou que "é un placer colaborar nunha iniciativa na que participarán rapaces e rapazas. Ademais, imos baixar durante os catro días un Ford Mustant para que a xente o poda ver e cremos que vai chamar moito a atención". Mike , de Rinho’s España dixo estar "moi contento de patrocinar un evento cheo de enerxía, que cadra moi ben na filosofía e concepto da nosa empresa". Antonio Cortés, en representación do Centro Comercial Bergantiños Haley, falou da necesidade de "realizar actividades de forma conxunta co Concello, que facilitarán o empuxe que lle queremos dar a Carballo". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pechou o acto manifestando que "o Concello segue a facer esforzos para ser a cabeceira de comarca de toda a Costa da Morte e esta actividade será un revulsivo máis para a prácica deportiva no mundo do motor. Esperemos tamén que sexa unha iniciativa á conducción responsable para moitos dos nenos que participarán do evento".