CULTURA
A exposición do VII Premio de creación fotográfica Luis Ksado abre o programa do Verán Cultural
Martes 10 de xullo do 2007
Desde o xoves día 12, e até o domingo 15, o parque do San Martiño acollerá a I Xira Galega Karting Indoor, onde os interesados poderán sentir as emocións de subirse a un kart. O venres comezará a programación cultural en si, coa actuación do mago Marttyn no Xardín Municipal, a partir das 20,00 horas, destinada ao público infantil. Xa pola noite, a partir das 22,00 horas, o Pazo da Cultura acollerá a representación da Aula de Teatro de la Universidad de Jaén, con Las huellas de la Barraca. A entrada é gratuíta con invitación, podéndose xa retirar as mesmas no Museo de Bergantiños no seu horario habitual.
Noites de Cine
Ademais, esta semana continúa o programa de Noites de Cine que se desenvolve ao longo dos meses de xullo e agosto dentro do programa do Verán Cultural. Este martes, día 10 de xullo, proxéctase Poseidon na escola de Goiáns. O mércores 11 será o turno de Piratas del Caribe II: El cofre del hombre muerto no Xardín Municipal, e o xoves 12 de Poseidon na Pedra do Sal en Baldaio. Todas as proxeccións terán lugar ás 22.30 h.