XUNTANZA
O Concello xestiona a súa incorporación ao Eixo Atlántico en Portugal
Martes 10 de xullo do 2007
A incorporación de Carballo ao Eixo Atlántico tentará favorecer o seu desenvolvemento económico, social, cultural, tecnolóxico e científico, ademais de promover a cohesión interna dos seus integrantes, o desenvolvemento da Europa das cidades e cidadáns e a cooperación transfronteiriza para o desenvolvemento local. Carballo pasará a debatir sobre temas tan importantes como as necesidades estratéxicas ou a mellora das comunicacións, pasando a situarse ao mesmo nivel que as principais cidades de Galicia. O turismo, as novas tecnoloxías ou a difusión cultural serán outras das liñas mestras a abrodar na incorporación de Carballo ao Eixo Atlántico.