NOVAS TECNOLOXÍAS
A web do Concello incorpora a visión da praia de Razo a través dunha webcam
Mércores 11 de xullo do 2007
O Concello estivo esperando a que a zona de Razo contara con ADSL rural para incorporar esta nova iniciativa á paxina. O servizo de ADSL en Razo conta cunha velocidade dun mega e con el trátase de favorecer o acceso da cidadanía ás Novas Tecnoloxías, un aspecto no que o grupo de goberno segue a incidir e que é de gran importancia para o desenvolvemento da localidade.