MEDIO AMBIENTE
A Brigada de Medio Ambiente comezou unha nova limpeza do entorno da Férveda de Entrecruces
Xoves 12 de xullo do 2007
A Férveda de Entrecruces é unha das paraxes naturais máis fermosas do concello e recibe a visita de moitas persoas ao longo do día. A súa limpeza contribúe a que todos os visitantes disfruten do lugar, e máis tendo en conta a entrada da época estival. Os traballos complementas aos realizados recentemente na Férveda de Rus e o seu entorno. A Brigada de Medio Ambiente fixo, neste sentido, o afirmado do camino con zahorra, logo de proceder, con anterioridade, aos traballos de mellora do acceso.