CULTURA
Catro novas proxeccións dan continuidade ao ciclo de Noites de Cine esta semana
Luns 16 de xullo do 2007
Mañá martes, 17 de xullo, será o turno da parroquia de Bértoa-Mirón, a carón da igrexa, coa proxección da película Dicen por ahí, pertencente ao xénero da comedia romántica. Esta mesma película proxectarse na praia de Razo o xoves, 19 de xullo. Con anterioridade, o mércores 18, o cine de acción volverá a darse cita na praza da Milagrosa, coa proxección de 007:Casino Royal. O ciclo Noites de Cine conta con 27 proxeccións a desenvolver nas distintas parroquias do Concello de Carballo durante os meses de xullo e agosto.