Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezaron as obras de ampliación de...

OBRAS

Comezaron as obras de ampliación de beirarrúas e dotación de equipamento urbano na rúa Gran Vía

Luns 16 de xullo do 2007

A mellora que se está a efectuar na rúa Gran Vía, unha das grandes arterias da localidade, enmárcase no proxecto de humanización do casco urbano e do pobo en xeral. A mellora dos servizos nesta vía, así como da accesibilidade e paseo dos usuarios, complementa aos traballos realizados noutras vías céntricas da vila, como parte da rúa Vázquez de Parga, Camiño Novo, Fomento, Hórreo ou rúa Coruña.

Compartir: