OBRAS
O Concello iniciará en breve as obras de aglomerado no vial de acceso á parroquia de Aldemunde
Luns 16 de xullo do 2007
O vial de acceso a Aldemunde presentaba, con anterioridade, varios tramos demasiado estreitos e moitas curvas que impedían un tránsito normal aos condutores. O Concello de Carballo chegou a un acordo coa veciñanza afectada por esta situación para proceder a un sobreancho da calzada e unha actuación destinada a mellorar a visibilidade nos tramos curvos. Agora procederase a poñer o aglomerado co fin de mellorar o acceso ao núcleo e mellorar as prestacións de seguridade para a cidadanía que utiliza esa vía de acceso.