OBRAS
O Concello procede ao asfaltado de varias pistas do municipio
Martes 17 de xullo do 2007
Ao igual que está a facer co vial de acceso a parroquia de Aldemunde, neste caso co aglomerado, o obxectivo desta actuación está encamiñado a mellorar a comunicación viaria dos núcleos de poboación e permitir unha maior fluidez co casco urbano. As distintas actuacións nas pistas e vías do municipio perseguen, igualmente, dotar de maior seguridade aos usuarios das mesmas, ademais de ofrecer máis e mellores servizos a toda a cidadanía.