Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezaron as obras de acondicionamento e...

XA ESTÁN REMATADOS OS TRABALLOS DE AGLOMERADO E PINTADO DA ESTRADA DE ALDEMUNDE

Comezaron as obras de acondicionamento e saneamento de pistas nos arredores da igrexa de Rus

Venres 20 de xullo do 2007

O xoves 20 de xullo comezaron en Rus os traballos de saneamento e de arranxo de varias pistas, unhas obras que mellorarán o equipamento desta zona rural e que facilitarán o acceso dos veciños á igrexa parroquial, especialmente nos casos nos que se producen aglomeracións de xente (funerais, vodas...). Agárdase, segundo as previsións municipais, que estas obras cheguen ao seu remate no prazo previsto de tres meses.

En Aldemunde, e grazas aos traballos de mellora do firme e de sinalización realizados, a Concellaría de Obras confía que se incremente a seguridade da vía que comunica o núcleo principal coa igrexa.

Con accións coma estas o executivo carballés continúa co seu plan de mellora da accesibilidade e do equipamento das parroquias da zona rural, cuxo obxectivo principal é conseguir a equiparación infraestrutural deses núcleos coa da zona urbana.

Compartir: