Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Agra do Formigoso vaise transformar nunha...

CONSTRUIRANSE DOUS EDIFIOS, TRES ZONAS DE APARCAMENTO E UN HOTEL

A Agra do Formigoso vaise transformar nunha área comercial de usos múltiples

Martes 24 de xullo do 2007

O proxecto de urbanización da Agra do Formigoso, aprobado onte luns en Xunta de Goberno, comprende un total de 46.990 metros cadrados, unha área que se vai destinar á construción de dous edificios, un deles de uso comercial e o outro tamén comercial e mais de oficinas; tres zonas de aparcamento, con estacion de servicio; e un un hotel.

Este proxecto recibiu onte luz verde, logo de superar xa o trámite de avaliación ambiental e, unha vez sexa aprobado de xeito definitivo, os promotores poderán proceder á realización de todos os trámites necesarios para poder licitar e iniciar a execución das obras.

Unha das condicións que sinala este plan parcial é a cesión, ao Concello de Carballo, dun total de 30.000 metros cadrados de terreo na zona coñecida como Bosque do Añón, superficie que está repartida en varias fincas.

Compartir: