Inicio Carballo ao día Hemeroteca A brigada de Medio Ambiente inicia unha nova...

OS TRABALLOS COMPLEMENTAN OS XA REALIZADOS NO SALTO DE ENTRECRUCES

A brigada de Medio Ambiente inicia unha nova limpeza do contorno da férveda de Rus

Venres 27 de xullo do 2007

A férveda de Rus é unha das paraxes naturais máis fermosas do municipio e recibe numerosas visitas ao longo do día. Con todo, trátase dun lugar descoñecido para moitos veciños, tanto do termo carballés como da propia parroquia. Despois dos traballos de mellora do seu acceso, que se levaron a cabo recentemente, o concello decidiu limpar agora o contorno desta fermosa paraxe natural, uns traballos cos que agarda que aumente a afluencia de visitantes, sobre todo na época estival. Con esta actuación compleméntase a que, co mesmo obxectivo, se realizou ultimamente na férveda de Entrecruces.

A férveda de Rus é unha caída de auga sobre unha pendente longa pouco pronunciada duns 30 metros de lonxitude. Para chegar a ela hai que empregar a estrada de Santiago de Compostela e desviarse no cruce que vai a Ramil. Alí, chegados á capela dese último lugar o máis axeitado é realizar o resto do percorrido a pé, pois o salto atópase, aproximadamente, a uns 400 metros de distancia.

Compartir: