MAIOR SEGURIDADE PARA MOTORISTAS, PEÓNS E CONDUTORES
O Concello conta cun novo tramo de vía
Xoves 2 de agosto do 2007
Esta vía arrinca a 1,2 quilómetros do casco urbano e substitúe os trazados que discorrían por el. Así, gaña seguridade, tanto para peóns, como para motoristas e demais condutores. O novo tramo está aberto ao tráfico desde este mércores e conta con dúas glorietas, unha para a variante de Xoane e outra que comunicará o tráfico de Carballo co da autoestrada Carballo-Coruña.
Sistema pioneiro
A partir das glorietas está colocado o novo sistema de quitamedos que converte esta estrada na primeira galega en contar con el. A novidade reside en incluír as proteccións para motoristas en ambas as dúas marxes, seguindo as recomendacións do Ministerio de Fomento. Son 500 metros lineais de protección os que se colocaron neste tramo Carballo-Buñó.