Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo prorroga o convenio coa...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello de Carballo prorroga o convenio coa Cámara de comercio

Martes 4 de outubro do 2005

A finalidade desta addenda é a de prorrogar a data establecida no convenio para o desenvolvemento do programa "Antenas: Servizos de proximidade para a pequena e mediana empresa". A súa duración será dende o 1 de outubro de 2005 ata a finalización do programa, o 31 de decembro de 2006, aínda que queda aberta a posibilidade de ampliar tamén esta prórroga.

Outro dos convenios dos que se deu conta durante a sesión da Xunta de Goberno local, celebrada o 3 de outubro, foi o de colaboración entre a Consellaría de Política territorial, Obras públicas e Transportes da Xunta de Galicia e o Concello para a instalación de catro marquesiñas ou refuxios para viaxeiros, en puntos de parada de transporte colectivo. A Consellaría fará unha achega económica de 10.000 euros, a través da súa Dirección xeral de Transportes.

Contratación

Na sesión da Xunta de Goberno local deuse conta do expediente de contratación para o "Subministro dunha carpa de acción rápida" para o servizo municipal de Protección civil (SUM 10/2005). O sistema de adxudicación será por procedemento negociado sen publicidade e o presuposto máximo de licitación será de 16.000 euros.

Compartir: