Inicio Carballo ao día Hemeroteca Haberá noitebús desde a...

POLÍTICA TERRITORIAL APROBA A RUTA ESTE VENRES

Haberá noitebús desde a Coruña até Carballo

Venres 3 de agosto do 2007

O primeiro "noitebús" que tomará a saída desde A Coruña farao ás dez da noite e volverá desde Carballo ás catro da madrugada, mentres que o segundo, sairá da cidade ás doce da noite e regresará á Coruña ás seis da mañá. Política Territorial aprobou este mesmo venres a ruta, con paradas en A grela, Vilarodis, Arteixo, Lañas, Paiosaco e A Laracha.

A próxima fin de semana, Malpica

Ademais do servizo que vimos de indicar, o Concello anuncia que a próxima fin de semana a vila estará comunicada coa de Malpica tamén a través do "noitebús". As paradas serán as de Baio, Agualada, Coristanco, Carballo, Malpica, Campara, Ponteceso, Pazos e Buño. Ao longo da próxima semana daranse a coñecer os horarios.

Compartir: