A RUTA SÚMASE Á APROBADA EN DÍAS PASADOS
Nova liña de "noitebús" até Malpica
Xoves 9 de agosto do 2007
Este novo percorrido pretende funcionar coma un circular, permitindo unha maior mobilidade e dinamismo na ruta cás liñas de ida e volta habituais. A iniciativa nace co obxectivo de fomentar a mobilidade e a seguridade da xente nova durante as fins de semana e, ao igual que a anterior, enmárcase dentro dun proceso no que o Concello de Carballo intenta posibilitar que a xuventude goce dun lecer nocturno con seguridade.
Esta alternativa dun transporte publico que permita a mobilidade sen necesidade de facer uso do coche privado procura ser un paso máis neste proceso de concienciación social,especialmente na xuventude, no referido á conxunción mocidade-alcol-coche como unha grande lacra da nosa sociedade.
Os horarios e lugares polos que pasara esta nova ruta son os seguintes, se ben, os ditos horarios son susceptíbeis de sufriren variacións en función do tráfico ou outras incidencias. Como se dixo anteriormente, os autobuses farán un percorrido circular como segue: Baio 23:00 Carballo 23:20 Malpica 23:45 Campara 23:45 Ponteceso 23:55 Buño 00:05 Carballo 00:15.
Carballo 01:00 Baio 01:20 Carballo 01:40 Malpica 02:00 Campara 02:05 Ponteceso 02:15 Buño 02:25 Carballo 02:35 Baio 03:00 carballo 03:20 malpica 03:40 campara 03:45 ponteceso 03:55 buñ 04:05 carballo 04:15 e de novo Carballo 05:00 Baio 05:20 Carballo 05:40 Malpica 06:00 Campara 06:05 Ponteceso 06:15 Buño 06:25.