Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello traslada o hórreo da Milagrosa

PARA CONSERVAR O PATRIMONIO CARBALLÉS

O Concello traslada o hórreo da Milagrosa

Venres 10 de agosto do 2007

Logo das diferentes ampliacións da avda. da Milagrosa, este monumento do noso patrimonio quedou desubicado dentro da finca da que formaba parte, invadindo parte do vial público. Deste xeito, o concello de Carballo encárgase do traslado até os xardins que se atopan no entorno dos novos xulgados buscando desta maneira a conservación e pervivencia do noso patrimonio arquitectónico, tantas veces esqeucido ou maltratado, segundo indican desde o Concello.

Agárdase que o traslado e asentamento na sua nova ubicación deste hórreo estea rematado nun prazo non superior a quince días. Esta peza, elaborada con lousas de pedra a modo de paredes e cos tradicionais apoios das columnas para que non suban os ratos estragar o gran ou carne gardados nela, forma parte da arquitectura tradicional carballesa e é intención do Concello a súa conservación, ao igual cá do total do patrimonio municipal.

Compartir: