Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o obradoiro formativo da Rede de...

ACHEGANDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Remata o obradoiro formativo da Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Venres 10 de agosto do 2007

Con esta actividade pretendeuse que os participantes acadaran certa soltura ao empregar por eles mesmos os obxectos e funcionalidades básicas do sistema operativo Windows. Ademais, ao estar a dita iniciativa, destinada a todos os sectores de idade, conseguiuse que os seus participantes coñezan o entorno do PC perdendo os medos pasados e iniciándose, deste xeito, no mundo da informática.

Por outra banda, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuará coa súa actividade a partir do luns 20 de agosto, despois de permanecer pechada do 13 ao 17 do mesmo mes. Para facer balance do papel e dos obxectivos da Rede, cabe dicir que un total de cen profesionais en toda Galiza se dedican a achegar Interntet e a informática aos cidadáns.

Entre as actividades que desenvolve esta institució atópanse as charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

A iniciativa da Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na Sociedade da Información e o desenvolvemento rural.

Compartir: