Inicio Carballo ao día Hemeroteca Resultados positivos na última...

CAMPAÑA DE DOAZÓN 2007

Resultados positivos na última campaña de doazón de sangue en Carballo

Luns 20 de agosto do 2007

O número de persoas que pasou pola unidade móbil que o Centro de Transfusión de Galiza desprazou a Carballo a comezos deste mes supón un notable incremento ao respecto de campañas anteriores realizadas no concello, tanto no que se refire ao número total de doadores coma no de doantes que acudiron por primeira vez. Neste sentido, participaron nesta nova campaña un total de 135 persoas, 16 delas novas neste acto de solidariedade.

O Concello de Carballo, que contou coa colaboración de Protección Civil para a organización desta campaña, quere agradecer a participación nela de toda a xente que pasou a doar sangue nos días 1 e 2 de agosto, así como en ocasións anteriores, e animar aos cidadáns e cidadás a seguir colaborando no futuro. Do mesmo xeito, desexa lembrar tamén a importancia da doazón como un acto de solidariedade e compromiso social de primeira relevancia, sobre todo na tempada estival, cando á diminución xeral do número de doazóns hai que sumar o incremento dos accidentes de tráfico, coa conseguinte situación de escaseza de sangue.

Compartir: